ORDINARIO DA MISA-fieis (en galego)

A SANTA MISA

CELEBRANTE: No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo.
POBO: Amén.
SAÚDO
CELEBRANTE: O Señor sexa convosco.
POBO: E contigo tamén.

CELEBRANTE: A graza do noso Señor Xesucristo, o amor do Pai e a comuñón do Espírito Santo sexan con todos vós.
POBO: E contigo tamén.
-------------
CELEBRANTE: Irmáns: Para celebrarmos dignamente os santos misterios, recoñezamos que somos pecadores.

1ª FÓRMULA
POBO: Eu confésome pecador
diante de Deus omnipotente
e tamén diante de vós, meus irmáns,
pois teño pecado moito,
de pensamento, de palabra,
de obra e de omisión,
pola miña culpa, pola miña culpa,
pola miña grandísima culpa;
por iso lle pido
á benaventurada Virxe María,
a todos os anxos e santos do ceo
e a vós tamén, meus irmáns,
que roguedes por min
a Deus, o noso Pai.
POBO: Amén.


2ª FÓRMULA
CELEBRANTE: Señor, ten misericordia de nós.
POBO: Pois temos pecado contra ti.
CELEBRANTE: Móstranos, Señor, a túa piedade.
POBO: E dános a túa salvación.
---------------
CELEBRANTE: Deus omnipotente teña piedade de nós, nos conceda o perdón dos nosos pecados e nos leve á vida eterna.

GLORIA

Gloria a Deus no ceo,
e paz ao seu pobo na terra.
Noso Señor Deus, rei do ceo,
Deus Pai todopoderoso;
loámoste, bendicímoste, adorámoste,
glorificámoste e dámosche grazas,
pola túa inmensa gloria.
Señor Deus, Año de Deus, Fillo do Pai.
Ti, que quitas o pecado do mundo,
ten piedade de nós.
Ti, que quitas o pecado do mundo,
escoita a nosa oración.
Ti, que estás á dereita do Pai,
ten piedade de nós;
porque ti es o único Santo,
ti, o único Señor,
ti, o único Altísimo, Xesucristo,
co Espírito Santo na gloria de Deus Pai.
Amén.


LITURXIA DA PALABRA

LECTOR: Palabra do Señor.
POBO: Grazas a Deus.

EVANXEO

CELEBRANTE: O Señor sexa convosco.
POBO: E contigo tamén.
CELEBRANTE: Lectura do santo Evanxeo segundo...
POBO: Gloria a ti, Señor.
CELEBRANTE: Palabra do Señor.
POBO: Loámoste, Cristo.

PROFESIÓN DE FE

Creo en Deus, Pai Todopoderoso,
creador do ceo e mais da terra.
Creo en Xesucristo, o seu Fillo,
noso Señor, que foi concibido
por obra e graza do Espírito Santo
e naceu da Virxe María.
Padeceu no tempo de Poncio Pilato,
foi crucificado, morto e sepultado,
descendeu aos infernos.
Ao terceiro día resucitou
de entre os mortos,
subiu ao ceo, onde está á dereita do Pai,
e de alí virá xulgar aos vivos e aos mortos.
Creo no Espírito Santo,
na Igrexa Católica,
na comuñón dos santos,
no perdón dos pecados,
na resurrección da carne
e na vida eterna. Amén.

PRESENTACIÓN DO PAN E DO VIÑO

CELEBRANTE: Bendicímoste, Señor, deus do universo. Da túa bondade recibimos este pan, que é froito da terra e do traballo dos homes. Presentámoscho agora para que se nos converta no pan da vida.
POBO: Bendito sexa Deus, agora e sempre.
--------------
CELEBRANTE: Bendicímosche, Señor, Deus do universo. Da túa bondade recibimos este viño, que é froito da vide e do traballo dos homes. Presentámoscho agora para que se nos converta na bebida da salvación.
POBO: Bendito sexa Deus, agora e sempre.
--------------
CELEBRANTE: Pregade, irmáns,
Para que este sacrificio meu e voso
Sexa ben acollido por Deus Pai omnipotente.
POBO: O Señor acolla das túas mans este sacrificio, para loanza e para gloria do seu nome, para ben noso e de toda a súa santa Igrexa.

PREFACIO

CELEBRANTE: O Señor sexa convosco.
POBO: E contigo Tamén.
CELEBRANTE: Erguede os corazóns.
POBO: Témolos postos no Señor.
CELEBRANTE: Deámoslle grazas ó Señor, noso Deus.
POBO: É digno e de Xustiza.

SANTO

Santo, santo, santo es ti, Señor,
Deus do universo.
Enches o ceo e mais a terra coa túa gloria.
¡Hosanna no ceo!
Bendito o que vén no nome do Señor.
¡Hosanna no ceo!

DESPOIS DA CONSAGRACIÓN

CELEBRANTE: Velaquí o misterio da nosa fe.
POBO: 1.- Anunciamos a túa morte,
proclamamos a túa resurrección.
¡Ven, Señor Xesús!

2.- Cada vez que comemos deste pan e bebemos deste cáliz, anunciamos a túa morte, Señor, esperando ata que volvas.

NOSO PAI
Noso Pai que estás no ceo:
Santificado sexa o teu nome,
veña o teu reino e fágase a túa vontade
aquí no terra coma no ceo.
Danos hoxe o noso pan de cada día;
perdoa as nosas ofensas,
como tamén perdoamos nós
a quen nos ten ofendido;
e non nos deixes caer na tentación,
mais líbranos do mal.

CELEBRANTE: Líbranos, Señor...
POBO: Pois teus son o reino e poder e mais a gloria por sempre eternamente.

AÑO DE DEUS
Año de Deus, que quitas o pecado do mundo, ten piedade de nós.
Año de Deus, que quitas o pecado do mundo, ten piedade de nós.
Año de Deus, que quitas o pecado do mundo, dános a paz.

COMUÑÓN
CELEBRANTE: Este é o Año de Deus que quita o pecado do mundo. Felices os convidados á cea do Señor.
POBO: Señor,eu non son merecente
de que entres no meu fogar, mais unha palabra túa abonda para me salvar.

DESPEDIDA
CELEBRANTE: O Señor sexa convosco.
POBO: E contigo tamén.
CELEBRANTE: Bendígavos Deus todopoderoso: Pai, e Fillo e Espírito Santo.
POBO: Amén
CELEBRANTE: Podedes ir en paz, e que o Señor vos acompañe.
POBO: Deámoslle grazas a Deus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario